Saturday 11 de May de 2024

Concello de Riveira e Ecovidrio activan unha campaña para aumentar a reciclaxe de vidro pensada na hostalería e á cidadanía en xeral


DOUS MESES DESPOIS DE INICIAR A CAMPAÑA XA SE INCREMENTARON EN CASE UN 30% OS RESIDUOS RECOLLIDOS EN RELACIÓN A FAI UN ANO

O Concello de Riveira e a entidade Ecovidrio impulsaron no noso municipio unha campaña dirixida a aumentar a reciclaxe de vidro no municipio. Activada o pasado 16 de marzo, os resultados derivados da iniciativa xa comezan a ver a luz pois de 18,59 toneladas recollidas en abril de 2015 pasouse a 24,04 no mesmo mes do 2015, o que representa un 29,4% de aumento.

Así se explicou na rolda de prensa ofrecida hoxe no Consistorio, con participación do alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro de Benestar Comunitario Emilio Pérez e Germán Fernández en representación da firma Ecovidrio.

Cubos adaptados a hostalería
Unha das liñas de acción consistiu na instalación de 12 novos contedores tipo VACRI pensados para os establecementos hostaleiros, ao ser responsable do 50% dos residuos de envase de vidro dun só uso que se xera en España. Estes contedores están dotados dun sistema especial de elevación e volcado para facilitar a reciclaxe de vidro deste tipo de establecementos. Con tal motivo, repartíronse case 50 cubos adaptados a outros tantos locais que se quixeron adherir a esta iniciativa.

Ademais, e de forma paralela, realizouse un estudo sobre a contenerización no municipio para optimizar os recursos existentes e implantar outros novos, de resultas do cal situáronse 23 novos iglús, ademais de reubicar algúns elementos existentes.

Un iglú cada 218 riveirenses
Entre ambas liñas de acción, aumentouse en máis dun 40% a taxa de contenerización ao dispoñer ata alcanzar os 125 contedores: un por cada 218 riveirenses. O investimento desembolsado ascendeu a 25.000 euros.

Todo este esforzo tradúcese non só en beneficios para o medio ambiente senón tamén para as propias arcas do Concello.